INTRODUCIÓN | GUÍA INFORMATIVA DO CURSO
As relacións interculturais impactan na nosa realidade e isto supón un cambio profundo tamén nas relacións sociais. Os medios de comunicación constrúen o relato informativo sobre esta realidade e, con el, un imaxinario sociocultural asociado: o noso coñecemento do mundo defínese a partir desta narración. Doutra banda, as narrativas dixitais permitiron que se multipliquen as canles, que se diversifiquen os públicos e que se maximice a difusión destas mensaxes.
Neste curso, traballaremos a análise crítica do discurso e descubriremos cales son os recursos empregados para representar os diferentes colectivos, así como o impacto que este uso da linguaxe ten nas relacións sociais.
Todo isto abordarémolo desde unha perspectiva educativa como eixo transversal, a través de boas prácticas e ferramentas pedagóxicas para traballar este tema na aula, tanto en ámbitos de educación formal como non formal. Así, descubriremos iniciativas que afrontan o discurso de odio desde unha perspectiva propia, pero que ofrecen grandes posibilidades de adaptación e réplica. Faremos especial fincapé non proxecto EpDLab, que xa vai pola súa sexta edición neste curso 2020-21, compartindo as nosas ferramentas e as nosas estratexias para a creación de contradiscurso, co obxectivo de sensibilizar, denunciar, visibilizar e educar na solidariedade e na cidadanía global.
- View
- View
- View
- View
- View
- View
- Usa este foro como ferramenta de comunicación: podes interactuar co resto de participantes para a resolver dúbidas, achegar ideas ou proxectos, buscar e atopar recursos, ou para compartir intereses.A primeira actividade obrigatoria deste curso é precisamente esta: entra no FORO, no fío de presentacións, e cóntanos algo sobre ti usando o contido das redes que máis che gustou no último ano 😃