INTRODUCIÓN | GUÍA INFORMATIVA DO CURSO
Dámosvos a benvida a esta formación en Educación para a Cidadanía Global e Educación Mediática, dirixida a docentes e profesionais da educación.
Exploraremos boas prácticas e ferramentas pedagóxicas para traballar este tema nas aulas e con grupos de mocidade, tanto en ámbitos de educación formal como non formal, e faremos especial fincapé no proxecto EpDLab, compartindo as nosas ferramentas e as nosas estratexias para a creación de contradiscurso.
O obxectivo principal é achegar as claves para promover o cambio social a través da competencia dixital e mediática, nunha formación que podes desenvolver ao teu ritmo, en calquera momento e dende calquera lugar. Ten unha duración mínima estimada de 3 horas e, ao longo do itinerario, atoparás vídeos, textos e actividades que guiarán a túa aprendizaxe.
Neste bloque introdutorio tes un breve vídeo e uns documentos que recomendamos ver e ler antes de comezar.
- View