Achégamonos ao batey La Balsa: videocartas
View
Esta actividade permitirache facer unha viaxe virtual por un barrio de República Dominicana. Consellos para desfrutala ao máximo:
- Usa a pantalla completa, sobre todo se estás nun móbil ou nunha tablet. Busca a icona con dúas frechiñas brancas e pulsa a tecla Esc cando queiras saír.
- Se estás usando un móbil ou unha tablet e non podes ver o vídeo de inicio, cambia a posición de horizontal a vertical ou ao contrario ata que o vexas. Isto só pasa a primeira vez e non en todos os dispositivos. No ordenador non terás
este problema.
- Fai clic en "Seguinte pantalla" ao rematar cada vídeo para ver as opcións dispoñibles.
- Tes dous percorridos posibles: ver que fai a rapazada dominicana durante o tempo libre ou acompañalos a coñecer o seu barrio. Dentro de cada percorrido, podes ver catro videocartas.
- Ten a man papel e boli para anotar as túas dúbidas ou as túas ideas para gravar unha videocarta ✏️
- Ao final de cada vídeo, tes que clicar en "Seguinte pantalla". Dende aí, sempre podes volver ao inicio. Tamén podes saír da actividade dende aí.


Imos logo? ⤵️