Obxectivos

View

  1. Aprender a identificar os recursos usados pola linguaxe mediática para representar a realidade e aos diferentes colectivos que a integran.
  2. Desenvolver habilidades de lectura crítica de mensaxes multimedia (textos, imaxes e sons) e da súa difusión en contornas dixitais.
  3. Explorar as narrativas dixitais, coñecer as súas principais características e descubrir estratexias para a creación de contra-discurso, aplicadas aos procesos de aprendizaxe como ferramentas de traballo docente.
  4. Analizar boas prácticas no ámbito da educomunicación para o cambio social.
  5. Descubrir e poñer en valor o traballo con habilidades relacionadas coa competencia mediática en contextos de educación formal e non formal.
  6. Aprender a deseñar actividades prácticas que integren as ferramentas e metodoloxías tratadas durante este curso.