Metodoloxía e contacto

View

Este curso impartirase en liña e non require a participación síncrona en ningunha actividade. Cada participante pode realizalo ao seu propio ritmo e sen ter que seguir horarios determinados.

Propomos unha dedicación mínima de 20 horas de traballo, que inclúen a lectura de materiais e a realización de actividades prácticas, repartidas en 3 unidades máis a realización dun traballo. A formación é eminentemente práctica e todas as unidades contemplan o desenvolvemento de actividades tuteladas a distancia, pero dedicaremos unha parte integramente a realizar un traballo que vos permita poñer en práctica o aprendido. Todas as unidades inclúen, tamén, estratexias para que interactuedes entre vós.

A partir do venres 16 de abril de 2021, publicaremos unha unidade cada venres durante as tres primeiras semana: recomendamos seguir a temporalización proposta pero isto non é obrigatorio, podes xestionar o teu tempo de traballo como mellor che cadre. Só tes que lembrar unha data clave: o día 21 de maio a medianoite é a data límite para entregar a túa práctica, xa que logo haberá unha semana de avaliación por pares (o curso remata o día 31 de maio e nós precisamos ter algúns días para corrixir e enviarvos os nosos comentarios)

Este traballo, igual que resto das actividades, é autoavaliable: proporcionaranse criterios e ferramentas para que cada persoa poida analizar o seu propio proceso de aprendizaxe desde a práctica. Doutra banda, as indicacións para desenvolvelo están publicadas na aula virtual dende o primeiro día de curso: podes ir facendo pouco a pouco, ou podes deixar as últimas semanas de curso para facer o teu traballo.

Para a resolución de dúbidas ou consultas coas persoas encargadas desta formación, achegámosvos dúas vías de contacto:

  • A través do foro desta aula virtual: se cres que a túa dúbida ou consulta pode ser relevante para o resto do grupo, usa o foro que tes dispoñible nesta introdución do curso.
  • A través de mensaxería: podes usar o servizo de mensaxería directa desta plataforma e contactar directamente coas docentes (María Lobo e Roi Guitián). Recibirás unha resposta nun prazo máximo de 48 horas (72 horas se é fin de semana ou festivo)
  • Se precisas contactarnos por email porque tes algún problema coa aula virtual, pódesnos escribir a participacion@agareso.org