Avaliación e certificación
Esta formación certificarase a partir dunha avaliación continua, o que supón o seguimento das lecturas e a realización das actividades propostas.
Para obter o certificado de aproveitamento do curso -da Conselleraía no caso do profesorado que se atope prestando servizo en centros docentes sostidos con fondos públicos e da propia entidade no caso do resto das persoas participantes- é necesario realizar cando menos o 60 % das actividades das unidades 1, 2 e 3, amais de entregar o traballo práctico (40 % da avaliación total). A entrega desta práctica es obrigatoria nas dúas fases (deseño de actividade e avaliación por pares): aínda que se teña realizado o 60 % das unidades anteriores, non se poderá certificar esta formación se o traballo práctico non está entregado (non é preciso que estea aprobado, pero si entregado). Do mesmo xeito, se está entregado este traballo pero non se realizou cando menos o 60 % das unidades anteriores, tampouco se poderá certificar a participación no curso.
Aínda que a certificación só recollerá se o aproveitamento da formación foi "apto" ou "non apto", a maiores ofrecerémosvos unha cualificación na que as unidades 1, 2 e 3 representarán o 60% e o traballo práctico será o 40%