Actividade 3 | Análise de boas prácticas

View
Sabemos que unha cousa é explorar as publicacións e outra moi distinta usar a lupa para atopar aquilo que nos interesa, para adaptalo á nosa realidade, para replicalo no noso contexto ou simplemente para inspirarnos á hora de crear dinámicas propias.

Como xa nos achegamos ao final do curso e tes que elaborar o teu traballo práctico, esta actividade será un primeiro paso que che axudará nesta tarefa. Así que che recomendamos anotar as túas conclusións e calquera outro dato que che poida ser de utilidade.